A Xunta Electoral de Galiza deulle a razón ao PSdeG e aprobou un acordo polo que estima a denuncia dos socialistas contra os anuncios insertados pola Xunta na prensa galega, xa que considera que non son "imprescindíbeis" para a "salvagarda do interese público". Segundo informa Europa Press, o acordo sinala que este tipo de anuncios tampouco é necesario para o "correcto desenvolvemento dos servizos públicos" e opina, contra o criterio da Xunta, que "este anuncio se podería intertar despois das eleccións".