Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÉFICE DE PREVENCIÓN EN NAVANTIA

Unha fuga de argón e a falta de medidores de osíxeno, na orixe da traxedia

Dende os sindicatos insisten nas queixas polos défices de formación e prevención que promoven as prácticas laborais das empresas e o propio ministro de Industria, en visita para os funerais, recoñeceu a existencia deses problemas, aínda que rexeitou a petición de auditoría externa solicitada polos grupos sindicais. Lembrámoslles que os sindicatos convocaron para a mañá deste venres un paro de catro horas que comezará ás 11h30 e unha concentración diante do concello ás 12h.

- 08:50 13/05/2005
Tags:

O argón, un gas usado en traballos de soldadura e que en espazos pechados elimina o osíxeno impedindo a respiración, tería causado as mortes no tanque da fragata que estaba sendo construída no estaleiro ferrolán, segundo o primeiro informe do accidente.

Só 24 horas antes do suceso, realizáranse no buque tarefas de soldadura que incluíron a utilización de gas argón. Un erro na introducción deste gas a través de diversos conductos que o tería levado cara este tanque, a onde non debería ter chegado, estaría na orixe do acontecido.

Dende Navantia aseguran que lle enviaran comunicados ás súas empresas auxiliares dende unha semana antes informando da detección de problemas, entre eles, dos défices de osíxeno. Ao respecto, dende os sindicatos destacan que, tendo coñecido o problema, a utilización de medidores de osíxeno tería evitado as catro mortes no estaleiro ferrolán.


Ligazóns

0/5 (0 votos)