ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

A Audiencia de Pontevedra afirma que o carrexo de votos debe ser delito

O fillo do alcalde de Crecente, do Partido Popular, e dous veciños máis tiveron un comportamento durante a xornada electoral das municipais de 1999, segundo a Audiencia de Pontevedra, que merece "o maior reproche posíbel desde o punto de moral e ético, pois non só escapa a todo principio de bon facer democrático, senón humano". Porén, os xuíces víronse na obriga de absolver aos acusados de "manipular a vontade" de anciáns e deficientes mentais para que votasen polo PP, xa que esta actuación non está considerada como delito no Código Penal.

- 08:50 13/05/2005
Tags:

A Audiencia de Pontevedra afirma que os tres acusados utilizaron diversos sistemas para que varios internos de dous centros de Crecente "solicitasen o voto por correo", estando "algún deles incapacitados xidicialmente, pero sen que conste a declaración de incapacidade para o dereito de sufraxio" e outros "coas súas capacidade volitivas e intelectivas seriamente afectadas".

Os xuíces sosteñen que os acusados actuaron "contra un dos prinicipios esenciais do Estado Democrático de Dereito, pois non cabe entender outra cousa da manipulación da vontade dunha persoa deficiente mental para alterar o resultado da vontade xeral".

A Audiencia, aparándose no artigo 4.2 do Código Penal, exporá ao goberno a necesidade de que este tipo de actuacións sexan obxecto de sanción penal e evitar unha "lagoa legal" que permite atentar contra os principios do estado democrático.


0/5 (0 votos)