Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTE VENRES EN FERROL E DIANTE DO CONCELLO

Cinco milleiros de persoas na concentración "contra a precariedade e a falta de prevención" que causou a traxedia

Navantia, a Xunta de Galiza, os servizos de inspección de traballo e a fiscalía foron destacados coma responsábeis dunha situación que disparou os "factores de risco" e que levaron á morte dos catro traballadores o pasado mércores na factoría da empresa naval en Ferrol. Así se denunciou logo de catro minutos de silenzo no comunicado conxunto asinado polos sindicatos CCOO, UXT, CIG e USTG, onde se insistiu en criticar a subcontratación dos traballos a outras empresas e os precarios contratos que acostuma a ter o persoal auxiliar, obrigado a aceptar condicións de traballo que aumentan as probabilidades de accidente.

  • Anteriores: Unha fuga de argón e a falta de medidores de osíxeno, na orixe do suceso

  • - 13:01 13/05/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)