Programa dos actos oficiais que, con motivo do Día das Letras, se celebran en Monterroso, convocados pola Real Academia Galega.
11:00. Recepción na Casa do Concello de Monterroso (praza de Galicia).
11:30. Ofrenda floral ante o busto de Lorenzo Varela, na praza da Alameda. A banda de música Nova Lira interpretará un pasarrúas desde a Casa do Concello ata a praza da Alameda.
12:00. Sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega no Auditorio Municipal (rúa Mestre López Losada), coa intervención dos académicos Xosé Luís Axeitos Agrelo, Xosé Neira Vilas e Xesús Alonso Montero. Pechará o acto o Presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro.
No transcurso da sesión a Coral Ecos do Ulla interpretará o poema "Castelao", de Lorenzo Varela, e o Himno Galego.
Ao remate, o Concello de Monterroso convida os asistentes a un refrixerio no Auditorio Municipal.