Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ESTREA NAS CARTELEIRAS

"A guerra das galaxias", a de Bush e a outra

A ciencia ficción argallada por George Lucas invade este xoves as salas de cinema de todo o mundo coa sexta entrega de Star Wars: "A vinganza dos Sith". Aproveitamos para recomendarlles dúas bitácoras galegas de tema cinematográfico: Night of the Hunter e Cinema Friki. E da ficción ao real, contámoslles dos plans para o desenvolvemento de "armamento espacial" que segundo avanza a prensa USA está preparando a administración Bush. Entre as ideas estaría un vehículo de transporte de armas de precisión para o ataque de bases de mísiles, a colocación de espellos para a redirección de raios láser cara obxetivos en calquera punto do planeta ou o proxecto "Varas de Deus" que lanzaría dende o espacio proxectís de uranio ou titanio con alto poder destructor.

- 11:20 19/05/2005
Tags:


0/5 (0 votos)