Entre 36 e 39 escanos se situaría o resultado do PP nas próximas eleccións segundo a sondaxe realizada para os xornais La Región e Atlántico Diario, que lle dá ao PSdeG entre 22 e 24 e ao BNG entre 14 e 15.
Destaca deste último estudio a elevada porcentaxe de indecisos, que malia terse reducido en case catro puntos estaría situada aínda por riba do 33% do total do electorado e sobre os que se precisa que podería haber unha alta porcentaxe de potenciais votantes populares que poderían decidir a estreita marxe da maioría absoluta no último momento.
Por provincias o reparto quedaría do xeito seguinte:
A Coruña
PP: entre 10 e 11 (conseguiu 12 en 2001)
PSOE: 8-9 (6 en 2001)
BNG: 4-5 (6 en 2001)
Pontevedra
PP: 9-12 (12 en 2001)
PSOE: 7-8 (5 en 2001)
BNG: 4-5 (5 en 2001)
Lugo
PP: 7-8 (9 en 2001)
PSOE: 4-5 (3 en 2001)
BNG: 2-3 (3 en 2001)
Ourense
PP: 7-8 (8 en 2001)
PSOE: 3-4 (3 en 2001)
BNG: 2-3 (3 en 2001)