Malia o escepticismo co que dende a executiva do BNG se veñen xulgando as últimas sondaxes que prognostican unha caída no apoio á formación, o Bloque quixo destacar en todo caso desta volta que as sucesivas enquisas confirmarían unha evidente recuperación na intención de voto aos nacionalistas. O coordenador da executiva, Francisco Jorquera, destacou este martes a "tendencia crecente no apoio social ao BNG" e por outro lado a confirmación do "desexo maioritario dos galegos dun cambio político en Galiza".