Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOVEMENTO CIVIL

O MpDC denuncia as accións da Garda Civil de Trives

O pasado 11 de xuño, un colectivo da Pobra de Trives tiña previsto proxectar o filme Hai que botalos; ante a negativa do concello a cederlles a Casa de Cultura para este evento conseguiron realizar a proxección no café Vía Nova e entón entrou en acción a Garda Civil, cunha orde da Xunta Electoral de Zona para frear a proxección. Agora o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) comunica que denunciará esta acción ante o Valedor do Pobo e a Sudirección de Persoal e os Servizos de Seguridade do Ministerio de Interior.

- 16:06 14/06/2005
Tags:

Dende o MpDC asegúrase que a Garda Civil, neste caso, actuou contra un dereito fundamental recollido no artigo 20 da Constitución española, atacando entón a liberdade de expresion e o dereito a dar e recibir información veraz. Este organismo asegura tamén que a prohibición de proxectar a película se fixo sen mandato xudicial ningún, o que supón unha irregularidade máis.

O documento que achegou a Garda Civil para impedir o pase de Hai que botalos amparábase, segundo a comunicación da propia Garda Civil, no artigo 144.1 da Constitución española, que anuncia o castigo con pena de arresto maior ou multa a aqueles que leven a cabo actos de propaganda electoral unha vez pechada a campaña, aqueles que infrinxan as normas legais referidas a carteis electorais ou aos espazos reservados para os mesmos e tamén á realización de actos públicos de propaganda electoral, entre outras cousas. Ningunha das causas, segundo MpDC se lle pode atribuír á proxección da película e no cartel que anunciaba a proxección "só se destacaba o cambio de situación, dende a Casa da Cultura, que non cedeu o concello, ao café Vía Nova".

  • A Garda Civil impide a proxección de 'Hai que botalos' en Trives

  • 0/5 (0 votos)