ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROPOSTA DESDE A REDE

Unha cadea humana entre Castelao e Pablo Iglesias

"Demostramos nas urnas que o cambio existe; quizais sexa tamén o momento de demostralo nas rúas". O blogomillo comeza a bulir despois do impasse da noite electoral. A comunidade blogueira está facéndose eco dunha proposta aparecida nas páxinas de Martin Pawley e Césare coa que pretenden "reivindicar o reinado da alegría e da ilusión, fronte a eses piratas que queren aparvarnos con expectativas, sacas, barullos e balóns revoltos". Desde a rede convócase a todos os que queiran participar nunha cadea humana que se formará en Santiago de Compostela entre as estatuas de Castelao, na Alameda, e Pablo Iglesias, en Vite, nun "acto cívico e non partidista". Será o vindeiro domingo, día 26, a partir das 13:00 horas, na véspera do reconto dos votos da emigración. Outros comentarios a esta iniciativa en Arredemo, Casatlántica, Todonada e Paleón, entre outros.

- 07:43 23/06/2005
Tags:


0/5 (0 votos)