Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XORNADA DEPORTIVA

O alemán Jens Voigt lévalle o mailló amarelo a Armstrong

A chegada do Tour de Francia á cidade oriental de Mulhouse, na primeira tirada de verdadeira montaña, fixo que o estadounidense e gran favorito Lance Armstrong perdese o mailló de líder. Levoullo o alemán Jens Voigt, que estaba segundo na xeral, e que agora lle saca dous minutos de vantaxe ao hexacampión. A tirada foi gañada, logo dunha longa fuxida, polo dinamarqués Mickael Rasmussen, e os galegos Pereiro e Serrano continúan a súa progresión remontando postos na clasificación. Esta fin se semana celebráronse ademais regatas no Grove e en Boiro da liga ACT de traíñas, desputáronse os estatais de triatlón e atletismo por autonomías, con excelentes resultados para os combinados galegos, e o Deportivo materializou o seu paso á seguinte rolda na Intertoto.

- 23:42 10/07/2005
Tags:

Pouco necesitaba facer o Deportivo da Coruña en Podgorica contra o Buducnost. En Riazor gañara por 3-0, así que o triste 2-1 da volta lle abondou para pasar á seguinte rolda da Intertoto.

RESULTADOS

Atletismo
Campionato estatal de seleccións autonómicas
Galiza obtén a cuarta praza en categoría feminina e mantén a categoría
1º Cataluña. 137 pts
2º Andalucía. 112
3º Castela e León. 101
4º Galiza. 98
5º Aragón. 91
6º Euscadi. 79
7º C. Valenciana. 78
8º Nafarroa. 55

Galiza consegue o ascenso a primeira en categoría masculina
1º Galiza. 97 pts
2º Canarias. 84
3º Baleares. 82
4º Estremadura. 78
5º Murcia. 56
6º A Rioxa. 39

Ciclismo
Tour de Francia.
9ª tirada: Gérardmer-Mulhouse

1º Mickael Rasmussen (DIN), 4:8'20"
2º Christophe Moreau (FRA), a 3'04"
3º Jens Voigt (ALE), =
13º Óscar Pereiro, a 6'04"
24º Marcos Serrano (GZ), =

Xeral provisional, logo da novena tirada
Jens Voigt (ALE), 32:18'23"
2º C. Moreau (FRA), a 1'50"
Lance Armstrong (EUA), a 2'18"
19º Óscar Pereiro, a 5'12"
46º Marcos Serrano (GZ), a 5'23"

Fútbol
Copa Intertoto
Buducnost de Podgorica - Deportivo: 2-1

Remo
Liga de traíñas da ACT.
• O sábado: Bandeira Outón Fernández - O Grove
1º Astillero, 19'51"
2º Hondarribia Pasquier, a 6"
3º Castro, a 10"
6º Mecos, a 25"
11º Cabo de Cruz, a 54"

• O domingo: Bandeira Concello de Boiro
1º Hondarribia Pasquier, 20'02"
2º Astillero, a 1"
3º Pedreña, a 3"
7º Cabo de Cruz, a 16".
8º Mecos, a 27"

Xeral provisional, logo de catro regatas.
1º Astillero, 46
2º Hondarribia Pasquier, 43
3º Pedreña, 39
7º Mecos, 26
8º Cabo de Cruz, 21

Triatlón
Campionato estatal de seleccións autonómicas

Vela
Baixada a Leixões - Repsol YPF


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: