Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBATE DO NOVO ESTATUTO CATALÁN

O parlamento catalán aproba o texto do novo Estatuto

Todos os grupos políticos do parlamento catalán, agás o PP, votaron a favor do texto do novo Estatuto. Por 120 votos a favor (PSC, ICV, ERC e CiU) e 15 en contra (PP) e despois de 20 meses de debates, o novo Estatuto completa o seu primeiro ciclo na Cámara catalá. Posteriormente terá que ser aprobado no Congreso español e sometido a referendo polos cidadáns cataláns. Antes de entrar no pleno, o presidente da Generalitat, Pasqual Maragall, dixo que "agora a batalla do Estatuto está situada en España". O tripartito e CiU fixeron público o acordo sobre o modelo de financiamento que permitiu a aprobación do novo Estatuto neste pleno. O presidente da Generalitat, Pasqual Maragall, e o líder de CiU, Artur Mas felicitáronse publicamente pola obtención deste acordo. O outro punto de tensión, o que fai referencia á laicidade do ensino, foi superado mediante unha redacción que salvagarda o carácter laico da escola púclica, pero garante o dereito dos pais a que os seus fillos reciban ensinaza en materia relixiosa e moral.

  • Texto do Novo Estatuto catalán
  • Máis información en Vilaweb

  • - 12:41 30/09/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)