Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS

Declaración Institucional do Parlamento de apoio á candidatura

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL PROPOSTA POLOS GRUPOS PARLAMENTARIOS POPULAR DE GALICIA, DOS SOCIALISTAS DE GALICIA E DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO E APROBADA POR ASENTIMENTO NO PLENO DO PARLAMENTO DE GALICIA DO 26 DE OUTUBRO DE 2005 SOBRE A CANDIDATURA DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS A SER DECLARADO POLA UNESCO OBRA MESTRA DA HUMANIDADE.

- 10:20 27/10/2005
Tags:

"A Asociación Cultural e Pedagóxica "Ponte... nas ondas!", integrada por profesorado de máis de 40 escolas de Galicia e Portugal, ten entre os seus obxectivos a recuperación do patrimonio cultural común galego-portugués. Froito do traballo realizado sobre este tema, xurdiu a proposta de candidatar o Patrimonio Inmaterial galego-portugués diante da UNESCO para que sexa declarado Obra Mestra do Patrimonio da Humanidade.

Tendo en conta que a candidatura presentada pola Asociación Cultural e Educativa "Ponte... nas ondas!" pode constituír un importante punto de partida para conseguir unha maior atención a este rico patrimonio e un maior compromiso por parte da sociedade e das institucións para a súa conservación e promoción. E que ademais redundaría nun meirande coñecemento mutuo entre os dous pobos e contribuiría a consolidar e impulsar as crecentes relacións institucionais, sociais e culturais entre Galicia e o Norte de Portugal.

Tendo en conta a transcendencia que a declaración como Obra Mestra do Patrimonio da Humanidade tería para o coñecemento e promoción do patrimonio oral común galego-portugués, o Parlamento de Galicia declara por unanimidade o apoio á candidatura para a declaración do patrimonio oral galego-portugués como obra mestra do patrimonio oral da humanidade presentada pola Asociación "Ponte... nas ondas!".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: