Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O CONGRESO APROBA POR MAIORÍA A ADMISIÓN A TRÁMITE DO PROXECTO

Avanza o Estatut da "identidade nacional" catalá con vontade de negociación de todos os partidos agás o PP

"O Estatut vaise axustar aos tres principios nos que se fundamenta a nosa convivencia: liberdade, igualdade e solidariedade", afirmou José Luís Rodríguez Zapatero na súa intervención no Congreso. O presidente do goberno español insistiu en que o Estado "non se debilita cando se recoñece o autogoberno e a identidade de seus pobos, senón que gaña en forza e dinamismo". Da outra beira, o líder do PP, Mariano Rajoy, centrou o seu discurso no ataque directo a Zapatero, evitando mesmo entrar no contido do Estatut e excluíu o seu partido de calquera proceso negociador. A anécdota, o uso da lingua galega que Carod Rovira escolleu para responderlle a Rajoy: "Cada vez que vostedes falan de min o meu partido sobe en votos".

  • Zapatero defende a tramitación parlamentaria do novo Estatuto catalán
  • Rajoy afirma que "a soberanía da nación española nin se comparte nin se delega"
  • Francisco Rodríguez: "A Constitución debe responder á realidade, e non ao revés"
  • Anteriores: A delegación do parlamento catalán defende no Congreso un estatuto de nación para Cataluña
  • Recomendámoslles ampliar en Vilaweb

  • - 09:07 03/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)