Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
LOGO DE APREIXAREN DOUS BARCOS GALEGOS Á BEIRA DAS ILLAS SVALBARD

A consellaría de Pesca critica a actuación das autoridades norueguesas pero denuncia a actividade pesqueira irresponsábel

A lexislación vixente unicamente autoriza ao goberno noruegués a denunciar a actividade pesqueira ilegal no contorno onde abordou os dous barcos galegos, pero "nunca a sancionar nin apreixar", segundo nos explican desde a consellaría de Pesca. A sanción que desa denuncia puidera derivarse corresponderíalle establecela e executala ao goberno español, a través do ministerio de Pesca. Á espera de que se confirme o presunto delicto destes pesqueiros, desde a consellaría reiteran a súa postura contraria a toda práctica de pesca ilegal e subliñan que desde o goberno galego deféndese a "protección dos recursos e a práctica dunha pesca sustentábel".

- 13:20 21/11/2005
Tags:

A conselleira de Pesca, Carmen Gallego, expresaba así este luns a súa "condena absoluta" diante de calquera tipo de práctica pesqueira ilegal, subliñando o compromiso do novo goberno "coa protección dos recursos mariños" e a prol da "pesca responsábel". A consellaría amosa así a súa posición diante das primeiras informacións sobre a inspección dos dous buques galegos que confirmarían a pesca ilegal de grandes cantidades de fletán azul por parte do Garoya e o Monte Meixoeiro.

A secretaría xeral de Pesca, dependente do ministerio de Pesca, esixiulle formalmente a Noruega que libere de xeito inmediato os buques para que o procedemento que puidera derivarse do presunto delicto se desenvolva no Estado español. De probarse a falta cometida, o proceso contra os barcos incluiría non só unha elevada multa, senón tamén a suspensión da licencia para a actividade pesqueira. Ao tempo, o goberno central solicitoulle á Unión Europea que emprenda as accións necesarias para defender os intereses dos buques galegos na zona. O goberno español levará a súa demanda ao Tribunal da Haia se non se poñen en liberdade os barcos galegos.

  • Anteriores: Noruega detén outro pesqueiro galego por presunta pesca ilegal


  • Ligazóns

    0/5 (0 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: