Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
XUNTANZA ENTRE OS GOBERNOS ESPAÑOL E NORUEGO PARA TRATAR O CASO

Noruega liberará o "Monte Meixueiro" o vindeiro xoves

A conselleira de Pesca, Carme Gallego, anunciou que o goberno noruegués liberará previsibelmente o próximo xoves o pesqueiro "Monte Meixueiro". De momento, as autoridades norueguesas non fixaron data aínda para a liberación do outro barco apreixado, o "Garoya Segundo". "Noruega podería unicamente inspeccionar a actividade dos buques de bandeira española e trasladarlle o informe resultanteda súa inspección ao executivo español para que este asuma a responsabilidade en relación cos seus buques". Así o defenden desde o ministerio de Pesca, ao tempo que lle recoñecen ao país nórdico a súa capacidade para establecer medidas de conservación e xestión de recursos pesqueiros na zona onde foron apreixados os barcos galegos, pero subliñándolle que é tarefa do goberno español "instruír o expediente sancionador que puidera corresponder polas alegacións de infracción formuladas pola garda costeira de Noruega".

  • O goberno central pediulle tamén aos grupos de traballo de Dereito do Mar do Consello da UE de Política Exterior Pesqueira que inicien accións xurídicas claras na defensa do interese dos barcos comunitarios nas augas das illas Svalbard
  • Información e vídeo na televisión norueguesa onde pode verse ao Monte Meixueiro logo de ser sorprendido polos gardacostas guindar o peixe fóra do barco
  • Anterior: A consellaría de Pesca critica a actuación das autoridades norueguesas pero denuncia a actividade pesqueira irresponsábel

  • - 13:56 22/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)


    Sen comentarios

    Novo comentario

    É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

    Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: