Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RECITAL NO CGAC

As poetas contra a violencia do xénero

"A voz das poetas contra a violencia de xénero" é o lema dun recital organizado pola Secretaria Xeral da Igualdade e a consellaría de Cultura con motivo da celebración, o vindeiro venres, do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. No acto participarán as poetas Ana Romaní, Antía Otero, Chus Pato, Enma Couceiro, Helena Villar, Marga Doval, María do Cebreiro, Marilar Aleixandre, Mª Xosé Queizán, Margarita Ledo, Marica Campo, Marta Dacosta e Yolanda Castaño. A música virá da man de Carme Dor e Ugía Pedreira, coa danza de Branca Novoneira. O recital celebrarase no salón de actos do Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC, de Santiago o vindeiro xoves 24 de novembro ás 20.00 horas.

- 13:16 22/11/2005
Tags:


5/5 (1 votos)