Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA SEDE DA UNESCO EN PARÍS

Anxo Quintana: "Púxose de manifesto a realidade dunha cultura común que nos identifica en Europa e no mundo"

"Non puido ser hoxe, pero será outro día", prognosticou o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, gabando "o importantísimo traballo feito por Ponte nas Ondas". En declaracións para a Radio Galega, Quintana afirmou que o camiño aberto desde o traballo nas escolas "é o realmente importante" e que o galardón "tería sido simplemente un recoñecemento extra para ese labor". "O noso traballo daranos o recoñecemento", agoirou ao tempo que prometía estreita colaboración desde a Xunta coa iniciativa de Ponte nas Ondas "a prol dunha cultura compartida entre Galiza e Portugal que nos identifica".

- 11:58 25/11/2005
Tags:


0/5 (0 votos)