Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O Patum celébrase todos os xoves e domingos de Corpus

Gaña o teatro medieval do concello catalá de Berga

O Patum de Berga, un acto festivo, lúdico e carnal con lume, fume e xente bailando e bebendo, todos os Corpus de cada ano, é unha festa que provén do teatro popular relixioso da Idade Media. O historiador do teatro catalá Francesc Curet sitúa a súa orixe onda as representacións "da Paixón, Morte e Resurrección do Noso Señor Xesucristo, o Misterio do Tránsito e Asunción da Virxe María que se celebra en Elxe, o Canto da Sibila de Mallorca ou os Miragres de San Vicente Ferrer de Valencia".

- 13:49 25/11/2005
Tags:

O Patum é xa Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade. O Concello de Berga está preparando xa os actos de celebración, coa interpretación do Ball de l’Àliga na praza de Sant Pere.

O Patum é, según os historiadores cataláns, "a única" celebración conservada das antigas representacións que desfilaban nas procesións do Corpus medieval, e o seu recoñecemento pola Unesco permitirálles aos catalás "fortalecer a expresión cultural, tradicional e popular que significa a Patum"

Joan Amades afirmou que convén analisar a Patum "no plano da simplicidade que comporta o teatro de rúa e dos poucos medios dos que se dispoñía cando estas representacións estaban na súa plenitude". O folclorista catalá considera que o conxunto da Patum constitúe "un notábel documento de valor arqueolóxico, dentro da orde de representacións que contribuíron ao esplendor da festa eucarística".


Ligazóns

3,67/5 (3 votos)