Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VIGO É A CIDADE COS PISOS MÁIS CAROS

O prezo da vivenda sobe en Galiza por riba da media

Cunha suba media do 14,8%, Galiza está á cabeza da estatística do Estado en canto ao incremento no prezo das vivendas durante os últimos doce meses, só superada por Aragón e máis de catro puntos sobre a media estatal. Malia todo, os pisos galegos aínda son dos máis baratos, con prezo medio de 1.535 euros por metro cadrado e só máis caras ca en Murcia e Estremadura, sobre un total no Estado de 2.516. Segundo as cifras da Sociedade de Taxación, a nivel das cidades, e aínda que A Coruña rexistrou neste período a maior suba, até un 16,2%, o metro cadrado construído queda nos 1.715 euros e o máis caro segue sendo o de Vigo, que chimpa até os 1.755 euros. Atrás están Compostela (1.602 euros), Ourense (1.523 euros), Pontevedra (1.304) e Lugo (1.268).
Anteriores:

  • Dispárase o prezo da vivenda
  • Un mozo galego precisa o 40% do seu salario para acceder a unha vivenda

- 11:09 03/01/2006
Tags:


0/5 (0 votos)