Os vixésimos Xogos Olímpicos de Inverno celébranse na cidade piemontesa de Turín dende o 10 ata o 26 de febreiro de 2006. Participan 2.600 deportistas de 80 países, entre os que non se atopa, desta vez tampouco, ningún deportista galego. Sete deportes e quince disciplinas recadarán a atención dos telespectadores de boa parte do planeta: o esquí alpino, o biatlón, o bobslei, o esquí de fondo, o curlin, a patinaxe artística, o esquí artístico, o hoquei sobre xeo, o luxe, a combinada nórdica, o esquéleton, os saltos de esquí, o esnóubor, a patinaxe de fondo e a de velocidade. É a gran festa de Turín no mundo. Consulta aquí toda a información de Vieiros sobre estes Xogos Olímpicos.
Novas publicadas en Vieiros