Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Igualdade de xénero: promesas e dereitos que aínda non son lei

Non é casual que nun escenario xeral de consenso nas reformas a prol da igualdade da muller en todos os ámbitos a excepción chegue desde a patronal que nun comunicado se refería esta semana ao anteproxecto de lei pola igualdade entre homes e mulleres coma "unha ferida de morte ao diálogo social". O contorno laboral exemplifica a miúdo os défices, discriminacións e precarias situacións cos que a muller topa na súa vida e indicadores abondo hai que así o subliñan. Por outro lado, e coma en tantos outros casos, as reivindicacións chegaron primeiro aos discursos. O segundo chanzo xa está aquí: o paso das palabras á lexislación específica. Queda por diante un terceiro avance: que eses compromisos teñan refrendo nos orzamentos das administracións, garantindo o seu cumprimento. Benvido en todo caso que os dereitos da muller entren nas axendas.

  • A partir do mércores entra en vigor o 'salario da liberdade'
  • Milleiros de traballadoras do téxtil de todo o mundo sen contrato nin prestacións sociais
  • O lento avance profesional da muller investigadora
  • Un terzo do blogmillo está feito por mulleres
  • Mulleres con diversidade funcional, un artigo de Marisol Bravos, do colectivo AdianteXá
  • Axenda: As mulleres toman o poder durante un marzo de cor violeta
  • No escáner: Cara á igualdade, contra a violencia
  • No escáner: Como facer para multiplicar o poder das mulleres?
  • En Vieiros Lugo: Orozco ponlles saia aos semáforos de Lugo

- 18:54 08/03/2006
Tags:


0/5 (0 votos)