Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O LUNS SUSPENDERON A EMISIÓN EN DIRECTO DE 'MIRA QUIÉN BAILA'

Os traballadores de RTVE pararán 24 horas a finais do mes

Os traballadores de RTVE realizarán un paro de 24 horas a finais deste mes ou a comezos de abril en protesta polo Plan de Saneamento, segundo adiantaron UXT, USO e CCOO. Tras as asembleas do luns en Madrid, Barcelona e Canarias, xa se aprobou un calendario de mobilizacións. Na xuntanza de delegados do 23 e o 24 de marzo definirase o trazo final das "medidas de presión". A decisión definitiva tómase este martes na reunión do comité xeral intercentros. Á vista do acontecido nas asembleas de onte, o paro "sairá adiante". No centro de San Cugat os traballadores esixiron a Anne Igartiburu que os membros do xurado de Mira quién baila e ela mesma se sumasen simbolicamente á protesta. De la Vega dixo este martes en RNE que estas cousas pasan "por non privatizar nada".

- 13:22 14/03/2006
Tags:

Os traballadores do centro de San Cugat ocuparon o plató e esixiron á presentadora Anne Igartiburu e ao xurado do concurso levar pegatinas co lenda Non ao plan de saneamento. O programa acabouse emitindo con gravacións de recurso.

A vicepresidenta primeira do Goberno, María Teresa Fernández de la Vega, declarou hoxe en RNE que, no que respecta á reforma de RTVE, "isto pasa por non privatizar nada (...) Acabouse a televisión e a radio de partido para dar lugar a unha radiotelevisión de calidade sostíbel economica e financeiramente. Outro modelo non sería permitido por Europa".

Sobre as protestas que preparan os traballadores para denunciar o recurte de persoal e "a fin do servizo público", De la Vega dixo que non haberá despidos, pois -argumentou- "buscaranse solucións de prexubilación razoadas e pactadas".


Ligazóns

0/5 (0 votos)