Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ÁLVAREZ PRESENTOU O NOVO PLAN DE SALVAMENTO MARÍTIMO

Galiza contará en setembro cun novo barco anticontaminación

Foi unha das novidades que anunciou onte a ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, na súa visita a Galiza. Un plan de salvamento marítimo que dotará a nosa cosa dunha base de salvamento e outra subacuática, ademais dun novo buque anticontaminación con 1.750 metros cúbicos de capacidade de recollida, seis veces máis que os 300 que ten agora o Luz de mar, de servizo en Galiza dende agosto de 2005. A ministra lembrou que este programa estatal ten 1.000 millóns de orzamento, dos que o 20 por cento virán para o noso país, e que inclúe a compra de dez remolcadores, dos que virán dous para Galiza para substituír os vellos. "Non podía ser doutro xeito", dixo Álvarez en alusión ao Prestige.

- 08:25 04/04/2006
Tags:

O plan tamén contempla a creación dunha base de salvamento de 18 mil metros cadrados, que se ubicará en Ferrol. A ministra tamén avanzou a creación de outra base permanente de actuación subacuática, integrada por cinco mergulladores, pero que aínda non se sabe para onde irá, igual que unha das catro bases do avión de ala fixa que inclúe o plan. Esta aeronave está destinada á vixilancia aérea en caso de vertidos ileguais e á persecución dos infractores. Magdalena Álvarez lembrou que cando o Prestige o goberno tivera que alugar un avión deste tipo a Francia e a Portugal. Ademais, virá un helicóptero novo para substituir o actual, con 28 anos de antigüidade.

O AVE, por onde estaba trazado ao principio
Na súa visita Magdalena Álvarez tamén lle confirmou a Touriño que as obras do AVE avanzarán, mantendo o trazado orixinal entre Lubián e Ourense malia que este pasaba por unha capola mina de cuarzo de Serrabal, propiedade do ex ministro Juan Miguel Vilar Mir. A ministra recoñeceu que o proxecto estivo parado dous anos para buscar un trazado alternativo, pero ao non atopalo finalmente optan por esta solución, que é "a mellor posíbel".


Ligazóns

0/5 (0 votos)