Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INFORME SOBRE A MOCIDADE DOS ÚLTIMOS DEZ ANOS

O 41% de mozos e mozas din sentirse máis galegos ca españois

A mocidade galega séntese tan galega coma española no 40.7% dos casos, mentres que un 16.1% di sentirse máis español ca galego e por outro lado, os que din ser máis galegos ca españois chegan ao 41.7%, . Son datos do estudo da Fundación Santa María, segundo o cal ese sentimento de pertenza á propia comunidade só é maior nas Canarias, 62.5%; Euscadi, 60.3%; e Asturias, 52%. En canto á identificación política, e malia o desinterese xeral, vascos, galegos, cataláns e castelán-leoneses son os que máis á esquerda se sitúan a nivel estatal. Da outra beira, Valencia, Castela-A Mancha e Andalucía son as comunidades onde a mocidade di ser máis de dereitas. Do estudo destaca tamén que apenas o 49% se declara católico, lonxe do 77% da década anterior, ao tempo que se manifesta un claro enfrontamento ás posturas oficiais da Igrexa en temas coma a homosexualidade ou o aborto. Doutra beira: paro e vivenda aparecen entre as preocupacións principais.

- 06:56 05/04/2006
Tags:


0/5 (0 votos)