Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
INSTALARANSE MEDIA DUCIA DE CÁMARAS TERMOGRÁFICAS

O plan contra o lume identifica 256 parroquias con risco elevado de incendio

Case a metade dos incendios rexístranse en pouco máis do 10% do territorio, segundo indicou este mércores o director xeral de Montes, Alberte Blanco. Nese sentido, Blanco explicou que a consellaría de Medio Rural tratou de afinar máis este ano os principais núcleos de risco para "optimizar e racionalizar os recursos que temos", identificando desta volta, e despois da xuntanza do comité de coordinación policial contra incedios, un total de 256 parroquias con risco especial de incendios.

- 06:58 20/04/2006
Tags:

A maioría das parroquias consideradas de alto risco de incendio, hai un ano eran o dobre, están en Ourense (76), seguida de Pontevedra (70), A Coruña (64) e Lugo (46). Desde o 1 de abril está aberto o operativo especial contra o lume en Galiza, que ocupará a máis de 1.800 persoas en diversos traballos a pé de monte. Deica marzo xa se produciran preto dun milleiro de incendios, así e todo a terceira parte dos acontecidos o ano anterior.

Destaca este ano a instalación cámaras termográficas, de orixe militar, que detectan o lume nun contorno de até 10km, malia que o seu funcionamento está pendente de ser perfeccionado coa colaboración de técnicos das universidades galegas. Inicialmente, a consellaría mercou cinco destes aparellos, aínda que agardan poder incorporar novos detectores ao tempo que se perfeccione a tecnoloxía.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: