Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REMÍTELLES A SÚA PROPOSTA A TOURIÑO E QUINTANA

Feijoo adía posicionarse sobre a reforma estatutaria até a convocatoria dun pleno extraordinario

"Queremos un debate para ver quen quere facer realmente un Estatuto dentro da Constitución e quen quere facer unha coña marinera como a feita co Estatuto de Cataluña", explicou o presidente do PPdeG. Alberte Núñez Feijoo adía así unha vez máis afondar na concreción do posicionamento do seu partido no marco da reforma do Estatuto de Autonomía, insistindo na convocatoria dun pleno extraordinario na Cámara galega para falar do asunto. Feijoo quere que os líderes das tres formacións representadas no Parlamento expoñan nesa cita "as súas posicións sobre os aspectos máis relevantes da reforma estatutaria".

- 07:02 22/05/2006
Tags:

"Queremos un debate para falar das cousas que interesan e ver a posición de cada quen", subliñou Alberte Núñez Feijoo. O presidente do PPdeG amarrouse ás declaracións do líder do BNG, Anxo Quintana, quen estivo presente na recente conferencia de Feijoo na Fundación Caixa Galicia e se manifestou publicamente a prol da convocatoria dese pleno, que segundo o líder dos populares galegos debería celebrarse en canto remate o cento de comparencias que teñen lugar diante da comisión estatutaria.

Na opinión de Feijoo, esta comparecencia parlamentaria daríalle inicio e "impulso" aos traballos posteriores da ponencia, sendo "guía e pulo ao máximo nivel político" do debate na comisión, permitindo "facilitar e axilizar a súa tarefa". O líder do PPdeG tamén considera que esta sesión "contribuiría a lograr unha maior identificación da cidadanía con este proceso, que en definitiva ten como obxectivo final a mellora da calidade de vida de todas as galegas e os galegos".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: