Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AMARANTE ESIXE MÁIS TRANSPARENCIA SOBRE A ORIXE DA ROUPA DE EL CORTE INGLÉS

Qué se agocha tras a roupa de Induyco?

Amarante, a Organización Galega de Cooperación para o Ecodesenvolvemento, vén de presentar en Galiza a Campaña internacional Roupa Lima. Nela, pídenlle a Induyco, o principal provedor de El Corte Inglés, unha maior transparencia sobre a produción da súa roupa e as condicións laborais do seu cadro de persoal no estranxeiro. A campaña tentará mobilizar aos clientes das marcas de Induyco recollendo sinaturas, enviando postais á empresa e por medio de numerosas accións de rúa e a través de internet.

- 09:04 24/05/2006
Tags:

Os responsábeis da campaña Roupa Limpa recoñecen que aínda que El Corte Inglés tomou varias iniciativas de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), Induyco non se adheriu a ningunha, desenvolvendo o seu propio código de conduta con liñas moi xerais e ambiguas. Deste xeito, Roupa Limpa asume o reto de convidar os consumidores a mirar máis aló das marcas e coñecer que é o que non din as etiquetas de Induyco. Amarante iniciará en Galicia a campaña con mesas informativas e recollida de sinaturas nas principais cidades galegas que irán acompañadas de accións de rúa e representacións diante dun dos Corte Inglés galegos. Amarante espera o apoio doutras organizacións que xa mostraron a súa intención de colaborar en enviar nos próximos meses 1.000 postais en recoller un mínimo de 2.000 mil sinaturas ademais dos apoios por Internet.

Induyco, constituída en 1955, é unha das maiores empresas do téxtil do Estado e pertence ó entramado empresarial de El Corte Inglés. De todas as produtoras de confección quizais sexa a menos transparente, xa que nas prendas que comercializa non consta información algunha respecto á súa orixe ou ao proceso de fabricación. Induyco, traballa, ademais de España, en Europa do Este, en China, India e Marrocos.

A Campaña Roupa Limpa, de carácter internacional, pretende mellorar ás condicións laborais das persoas que traballan no sector téxtil e de material deportivo en todo o mundo. A CRL traballa para promover un consumo responsábel entre os consumidores, impulsar políticas de responsabilidade social entre fabricantes e distribuidores de roupa, asemade por en marcha iniciativas legais que velen polos dereitos fundamentais das persoas que fabrican roupa en todo o mundo.


Ligazóns

0/5 (0 votos)