Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARTICIPOU NO FESTIVAL INTERNACIONAL OLLIN KAN

Máis de 50.000 persoas asisten aos concertos de Budiño en México e Arxentina

Xosé Manuel Budiño congregou a máis de 50.000 persoas nos catro concertos que ofreceu en México e Arxentina. O gaiteiro, que rexistrou un cheo absoluto nas súas actuacións e que xa conta con numerosas ofertas para ampliar a súa xira por Latinoamerica, esgotou todas as copias do seu disco Zume de Terra e participará ante millóns de espectadores en "Animal Nocturno", o programa estrela de Televisión Azteca.

- 09:51 01/06/2006
Tags:

A xira que Xosé Manuel Budiño realizou durante as dúas últimas semanas por Arxentina e Bos Aires rematou a hai uns días cun multitudinario concerto no Zócalo da Cidade de México. Así, diante de 50.000 persoas, o do Morrazo, pechaba o Festival Internacional Ollin Kan, un dos festivais de "world music" de referencia en América. En termos xerais, a xira foi todo un éxito: catro concertos abarrotados de público, todos os exemplares do disco Zume de Terra esgotados, ofertas para ampliar a xira e actuación en directo no programa estrela de Televisión Azteca "Animal Nocturno".

Logo desta primeira toma de contacto,o gaiteiro ten pensado volver a México para "facer algo máis potente" da man do xigante Televisa. Segundo Budiño, chegou o momento de derribar novas barreiras para a nova música galega. "Creo que América é o seguinte paso logo de Galiza, España e Europa".

Contacto con outros músicos
A participación no Ollin Kan, permitiu que Budiño puidese estabelecer contacto con outros compañeiros de cartel ."O encontro con outros músicos tamén foi positivo e posibelmente del saian cousas no futuro, se cadra algunha colaboración".


Ligazóns

0/5 (0 votos)