Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AGOIRA CONSENSO PARA A ÁREA METROPOLITANA DE VIGO

Romeu presentará antes de fin de ano a proposta para a reforma das deputacións

"Son necesarias a modo de instancia intermedia para prestar servizos que case 200 dos 315 concellos non poden cubrir por si mesmos", comentou diante dos micrófonos da Cadena Ser o conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, ao fío das deputacións, descartando polo momento que se vaian suprimir. Así e todo, Romeu insistiu en que o futuro destas institucións "incerto" e anunciou que antes de que remate 2006 o executivo galego vaille enviar á Cámara a proposta de reforma de concellos e deputacións.

- 06:59 05/06/2006
Tags:

"Responden a unha organización territorial que vén do século XIX e que de xeito progresivo vai cambiando", reflexionou Xosé Luís Méndez Romeu, agoirando que se ben a curto prazo as deputacións seguirán existindo aínda que reformulándose as súas funcións, o seu futuro é máis incerto. O conselleiro de Presidencia destacou que a intención do goberno é virar o funcionamento destas institucións de xeito que "cooperen cos concellos co seu financiamento e ingresos fiscais e non con axudas discrecionais". "É un clamor en Galiza que as deputacións non poden seguir ancoradas no pasado", comentou Romeu, quen agarda que nese sentido as reformas conten co consenso político necesario.

O conselleiro tamén se pronunciou sobre as áreas metropolitanas, opinando que "non deben ter sentido político pois duplicarían o labor que fan os concellos ou as deputacións polo que deben evolucionar cara a estruturas que presten servizo nun entorno metropolitano de xeito funcional sen un gran aparato político ou administrativo salvo que alguén estea a pensar en aumentar os impostos". Nesa liña referiuse ao caso de Vigo, polémico en datas recentes, avanzando que logo de retirar a proposta inicial, Presidencia vai recuperar o debate "no momento oportuno" e que no marco desa reforma esperan que se faga por consenso.


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: