Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMPROMISO DA XUNTA COAS ASOCIACIÓNS VECIÑAIS

Garanten que haberá protección para Monteferro antes de que acabe o ano

Nos próximos meses haberá unha figura de protección xurídica para o contorno de Monteferro, incluída na prometida Lei de Protección da Paisaxe e no Plan de Protección Integral do Litoral. Así llo aseguraron desde a consellaría de Política Territorial á Plataforma Salvemos Monteferro. O colectivo gaba tamén as posicións manifestadas ao respecto desde as consellarías de Medio Rural e Medio Ambiente, logo da entrega de dez mil sinaturas contra os proxectos que poñían en perigo o futuro medioambiental da zona. "Debemos distinguir aquí entre as dúas ameazas que pesan sobre este contorno. Se por unha banda a aprobación deste Plan Xeral sería catastrófica para o monte, pola outra, debemos recordar que o proxecto de vial perpetrado polo Concello e a Deputación, é anterior e independente ó deostado PXOM", afirman nun comunicado.

  • Anterior: Salvemos Monteferro entregará máis de 9.000 sinaturas en contra do proxecto víal arredor do monte
  • Monteferro, o "derradeiro bosque" onda o mar

- 07:30 06/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)