Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
VISITA DO MINISTRO DO INTERIOR

Rubalcaba non desbota que haxa grupos "organizados" prendendo lumes

"Nos últimos días estánse rexistrando en Galiza unha nova clase de lumes, descoñecida até o de agora na nosa comunidade, dino os técnicos e negalo é negar a evidencia", quixo destacar o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Á beira del, o ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, explicou que os investigadores determinaron a existencia de incendios "estratéxicos, e planificados por desalmados con moi mala intención".

- 18:11 11/08/2006
Tags:

Iniciados en zonas de acceso especialmente difícil pero que facilitan a expansión do lume, ubicadas preto de zonas urbanas e con intención de poñer en risco vidas humanas... O ministro de Interior referiuse a varios dos factores apuntados polos expertos para explicar a "nova tipoloxía de incendios" maioritaria durante este verán.

Alfredo Pérez Rubalcaba falou de incendios "moi planificados e pensados provocados por incendiarios que revelan un grao de preparación moi chamativo". "Quen os inicia sabe onde facelos e como facer máis dano", avisou o ministro. "Non só estamos combatendo o lume, senón a desalmados que lle prenden lume ao monte", insistiu. O ministro referiuse ás vinte detencións realizadas pola Garda Civil e a Policía, alén dos incendiarios presos pola Policñia Autonómica, e reiterou que nos traballos dos axentes das unidades especiais despregadas no monte está sendo fundamental a colaboración cidadá.

Doutra beira, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, quixo destacar o aumento da efectividade nas tarefas de extinción, apuntando que "nos últimos tres días esta capacidade pasou de situarse entorno ao 50% a acadar o actual 70-75%" e explicou que "o obxectivo é seguir mantendo a seguridade das persoas e as vivendas e ir apagando máis lumes". Por outra paret, chamou á responsabilidade das forzas políticas e pediu "deixar de lado polémicas que non conducen a nada porque Galiza necesita conxuntar esforzos e vontades máis que nunca".


0/5 (0 votos)