Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESPOIS DA VAGA DE INCENDIOS

Adega pide que as axudas da Xunta estean vencelladas a prácticas ambientais sustentábeis

As axudas prometidas polo presidente da Xunta "deben ir sempre vinculadas á recuperación do medio natural coas compensacións que faga falla aplicar en función das prácticas ambientais sustentábeis que se apliquen na recuperación da superficie queimada". Así o piden desde a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Adega, ao fío dos compromisos manifestados por Emilio Pérez Touriño na súa recente mensaxe institucional.

- 08:00 16/08/2006
Tags:

"Hai que aplicar unha nova política para o monte que poña en valor as súas funcións ambientais, sociais e produtivas; que introduza a biodiversidade e poña fin ao monocultivo do pino e do eucalipto", destacan desde Adega, insistindo na necesidade da aplicación dunha nova política que poña "en valor o medio rural", ofrecendo oportunidades que freen o despoboamento.

De paso, o colectivo ecoloxista salienta "o que tén de gratitude con todo o personal implicado na extinción do lume e o que tén de mensaxe de esperanza e de compromiso coa totalidade do país e cos nosos recursos naturais, empezando polas zonas máis castigadas polo lume", anunciando medidas e axudas urxentes para a recuperación da superficie queimada.


0/5 (0 votos)