Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NA LIÑA GALIZA-EUSCADI

Tres galegos entre os seis falecidos no accidente ferroviario

Unha rapaza ourensá de 22 anos que viaxaba en compañía do seu mozo e un matrimonio orixinario de Monforte de Lemos que volvía cara o seu lugar de residencia en Donostia, son tres das seis mortes confirmadas no descarrilamento na altura de Villada, en Palencia, do tren que facía a liña Galiza-Euscadi. Nas últimas horas foron dados de alta outros tres feridos galegos, mentres outras dúas personas seguen no hospital con prognóstico grave. Lembrámoslles que o tren transportaba un total de 426 pasaxeiros. Mentres, desde Renfe aseguran que o estado da vía era o axeitado e rexeitan que o tren acelerase a marcha para compensar o retraso de 21 minutos sobre o horario previsto que acumulaba, posibilidade que insinuara a ministra de Fomento.

  • Teléfonos de información habilitados por Renfe: 900 200 222, 902 200 215 e 800 200 112
  • Vicepresidencia en colaboración cos colexios oficiais de traballadores sociais e psicólogos de Galiza habilitou un teléfono de atención social e psicolóxica para afectados: 981 544 619
  • Teléfonos de apoio do Concello da Coruña e buses para o traslado de parentes desde o Concello de Vigo, as dúas cidades desde onde saíu o tren
  • Anteriores: Seis mortos e trinta feridos logo de descarrilar o tren que une Galiza e o País Vasco
  • Fomento avalía que o tren saíu da vía polo "exceso de velocidade"
  • Condolencias do goberno galego e desprazamento da conselleira de Sanidade ao lugar
  • O BNG pide a comparecencia da ministra e o presidente de Renfe

- 11:46 22/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)