Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
RELANZAMENTO E CAMBIOS NAS MOCIDADES DO PP

As 'Novas Xeracións' vanse converter en 'Jóvenes Populares'

Cambio de líderes, cambio de simboloxía e cambio de nomes para pasar a chamárense Jóvenes Populares. Preto dun milleiro de compromisarios do sector xuvenil do PP teñen cita entre o 22 e o 24 de setembro para un congreso que celebrarán en Toledo e onde seica o colectivo afrontará unha significativa viraxe. Na bitácora de Xavier Dorado, militante vigués do colectivo Novas Xeracións, poden atopar máis información sobre o evento. Ao fío, Dorado comenta que a xuntanza servirá para darlle paso "a un novo presidente que xa está ben atado", en referencia á candidatura do madrileño Nacho Uriarte paar o relevo da actual presidenta, a deputada Carmen Fúnez. Non hai novas polo momento de convocatoria similar en Galiza, onde se mantén no cargo Diego Calvo, que tralo último congreso do PPdeG accedeu tamén a unha das vicesecretarías do partido. Webs próximas aos populares como o foro non oficial PPdeG.com fixéronse eco en repetidas ocasións da necesidade de renovación do colectivo xuvenil dos populares galegos e de presuntos défices democráticos na organización.

- 08:29 30/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)