Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
É A SÉTIMA VÍTIMA MORTAL DO SINISTRO

Morre o mozo ourensán ferido no accidente de tren de Villada

Diego Fernández Durán, o mozo ourensán ferido no accidente de tren de Villada, faleceu esta madrugada no Hospital Clínico Universitario de Valladolid. Fernández permanecía en estado moi grave logo de recibir un forte impacto na testa e no pulmón no accidente ocorrido o pasado 21 de agosto. O rapaz, fillo do concelleiro do PSdeG de Ourense Eladio Fernández, é a sétima vítima mortal do sinistro ocorrido na liña Vigo-Hendaya á altura da localidade palentina de Villada.

- 12:07 12/09/2006
Tags:

O mozo ourensán de 22 anos de idade que resultou ferido moi grave no descarrilamento de Villada, Diego Fernández Durán, non puido recuperarse das súas graves lesións e morreu na madrugada no Hospital Clínico Universitario de Valladolid.

Fernández Durán presentaba un traumatismo craneoencefálico severo e lesións internas moi acusadas nos pulmóns logo de verse implicado no accidente ocorrido o pasado 21 de agosto, cando o tren que realizaba o percorrido Vigo-Hendaya descarrilou na localidade palentina de Villada.

O rapaz era fillo do concelleiro socialista de Ourense Eladio Fernández e viaxaba no tren coa súa moza, Mercedes Martínez, de 22 anos de idade e que tamén perdeu a vida no accidente.

O accidente produciuse ás 16:00 horas do pasado luns 21 de agosto debido ao exceso de velocidade. Logo da morte de Diego Fernández, as vítimas mortais provocadas polo sinistro elévanse a sete, catro delas de Galiza.


Ligazóns

0/5 (0 votos)