Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÁIS DE MEDIO CENTO DE CONVERSAS COLECTIVAS

Unha década de chats en Vieiros: De Díaz Pardo a Lamatumbá

"O nome de Galiza é Galiza: Galicia é a castelanización do topónimo Galiza". Así o afirmaba hai dez anos Isaac Díaz Pardo na sala de chat de Vieiros. Do pensamento do galeguista que converteu Sargadelos en referencia até o licor café rebuldeiro da charla dos músicos de Lamatumbá, a última ocasión en que se abriu a sala ao público, Vieiros organizou máis de medio cento de conversas virtuais. Cedéndolle o protagonismo aos lectores, convertidos en temporais entrevistadores, persoeiros variados da sociedade galega animáronse a vir latricar ao noso chat. "Non entendo nada de internet", confesaba un sorprendido Isaac Díaz Pardo a pé de teclado hai dez anos, un 12 de decembro de 2006: Unha década de chats.

- 09:56 13/12/2006
Tags:


0/5 (0 votos)