Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
APOSTA PIONEIRA POLA INTERNACIONALIZACIÓN DA INDUSTRIA CULTURAL GALEGA

Galiciantunes: A nosa música "vende" no mundo

Este domingo 21 de xaneiro comeza o prestixioso Mercado Internacional do Disco e da Edición Musical, o MIDEM, e Galiza meterá por vez primeira un pé neste escenario clave para o futuro da industria musical do país. Galician Tunes é o nome desta aposta pioneira pola internacionalización da nosa industria cultural.

- 11:15 19/01/2007
Tags:

Con ese obxectivo o proxecto vai apoiado dunha web para a promoción da cultura musical galega e con repaso de información sobre a historia musical do país. Da Banda de Poi a Zënzar, pasando por Siniestro Total ou Dios Ke te Crew, a web ofrece tamén unha selección de temas de grupos galegos.

A iniciativa foi presentada este venres en Compostela pola conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Lois Bará, e viaxará a fin de semana a Cannes nunha inédita oportunidade para que Galiza "venda" a súa música a nivel internacional.


0/5 (0 votos)