O SGEP, agora tamén Fundación Cultura de Paz, promove dende hai vinte e dous anos a celebración do Día Escolar pola paz. O día no que se fan 59 anos do asasinato de Mahatma Gandhi celébrase, dende 1964, o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Foi en 1993 cando a UNESCO recoñeceu esta festa. Este ano, coa colaboración da Xunta de Galicia, o SGEP bota a andar o programa "+ Convivencia = - Violencia", unha iniciativa didáctica para a convivencia pacífica e democrática. Un cartel conmemorativo, autoadhesivos e un deuvedé co anuncio que será emitido pola TVG nos días previos ao 30 de xaneiro integran esta carpeta na que tamén figura o Manifesto pola Vida, a Paz e a Igualdade, promovido pola Fundación Cultura de Paz, para ser asinado polo profesorado. Máis información e vídeo en Altermundo.