O SGEP, agora tamén Fundación Cultura de Paz, promove dende hai vinte e dous anos a celebración do Día Escolar pola paz. O día no que se fan 59 anos do asasinato de Mahatma Gandhi celébrase, dende 1964, o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. Foi en 1993 cando a UNESCO recoñeceu esta festa. Este ano, coa colaboración da Xunta de Galicia, o SGEP bota a andar o programa "+ Convivencia = - Violencia", unha iniciativa didáctica para a convivencia pacífica e democrática. Un cartel conmemorativo, autoadhesivos e un deuvedé co anuncio que será emitido pola TVG nos días previos ao 30 de xaneiro integran esta carpeta na que tamén figura o Manifesto pola Vida, a Paz e a Igualdade, promovido pola Fundación Cultura de Paz, para ser asinado polo profesorado.
Arriba podemos ver o spot.
A carpeta didáctica contén, ademais do deuvedé co anuncio que xa está a ser emitido, contén un cartel, pegatinas, o Manifesto pola Vida, a Paz e a Igualdade, e os artigos Convivencia e Ciudadanía, Os institutos non son territorio comanche, o resumo do Plan Integral de Mellora da Convivencia Escolar de Galicia e creación do Observatorio Galego da Convivencia Escolar, unha Guía para a elaboración dun Plan de Convivencia de Centro, Dinámicas para traballar co alumnado; Cinema, convivencia e cidadanía, e Declaracións internacionais sobre Cultura de Paz e Bibliografía Básica.
Por último, o 29 de xaneiro foille entregado o Premio PortaPaz a Don Jonan Fernández, fundador de Elkarri e director na actualidade do Centro pola Paz de Aránzazu. O acto desenvolveuse no MUPEGA ás sete. Ademais, o propio Día da Paz celébrase un acto na Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón ás once, co alumnado dos centros, e o 1 de febreiro ás oito, o Parlamento acollerá outro acto.