A ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, anunciou na noite do venres que o proceso de arrefriamento da carga do buque ‘Ostedijk’ está "practicamente concluído". En conferencia de prensa e acompañada polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, Álvarez asegurou que a maior parte do cargueiro está entre os 22 e 30 grados de temperatura, aínda que hai zonas con temperaturas que chegan até os 140. É por iso polo que durante a fin de semana se manterá un dispositivo de control da temperatura. A ministra e máis Touriño insistiron en que este caso non ten "nada que ver" coa catástrofe do Prestige.