Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
AO TEMPO QUE INSISTEN NA VÍA DIPLOMÁTICA

Os EUA avanzan no plan de ataque contra Irán

"Poderiamos sentar e falar sobre calquera cousa", subliñou Condoleezza Rice, secretaria de Estado dos EUA. O recente éxito nas negociacións con Corea do Norte estimula ao goberno Bush a suavizar discurso fronte a Irán e insistir nas oportunidades para a negociación comercial e política a cambio da paralización do seu programa nuclear. Así e todo, The New Yorker avanza que os EUA crearon xa un grupo especial no exército co obxectivo de deseñar polo miúdo o ataque a Irán.

- 07:16 26/02/2007
Tags:

O semanario estadounidense The New Yorker filtrou xa ao resto da prensa algúns detalles da información que publicará o próximo 5 de marzo explicando o plan de Bush para Irán. Segundo as fontes desta publicación, o goberno estadounidense creou hai meses un grupo especial dentro do exército que está centrado na planificación dun plan de ataque a Irán. A meta sería dobre: destruír as instalacións nucleares e forzar a saída do actual goberno iraní.

En The New Yorker: "As guerras que veñen: os plans para Irán".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: