Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois de once días, remata a crise

O 'Ostedijk' xa marchou cara a Bilbao

O cargueiro holandés Ostedijk marchou ás tres e cuarto da tarde do mércores das costas galegas, onde pasou os últimos once días, cara ao porto de Bilbao. A partida do buque levouse a cabo despois de que a empresa armadora presentase os permisos que lle esixían para abandonar a zona de refuxio, na ría de Viveiro.

Redacción - 17:28 28/02/2007
Tags:

O Ostedijk será tristemente lembrado polo incidente que protagonizou dende o sábado 17, cando tivo que interromper a súa marcha cara a Valencia pola descomposición do seu cargamento de fertilizante. Dous días despois, iniciáronse os labores de arrefriamento das bodegas do buque, desprazado ás proximidades da illa Coelleira. A carga non recuperou unha temperatura estábel até a fin de semana.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: