Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Nace no seo do estudantado de Filoloxía na USC

Preséntase 'Nova Ólisbos', revista dos amantes da palabra

Dirixida por Xandra Santos Palmou e Roberto Pascual Rodríguez, esta nova revista, herdeira de Ólisbos será presentada ao público o venres 2 de marzo ás 20.30, no café compostelán Garigolo, e tamén o luns 5, en conferencia de prensa, no Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela.

Redacción - 15:02 02/03/2007
Tags:
Logotipo

Logotipo

O acto de presentación do venres contará coa presenza da dirección e dun amplo número de colaboradoras e colaboradores de Nova Ólisbos. Amantes da palabra. Presentarán a revista os seus directores, farase a lectura dunha escolma de textos editados no número 0 e escacharase a botella contra a proa. Por outra banda, o luns, os directores estarán acompañados polo Decano de Filoloxía, Ernesto González Seoane, e José M. Mayan Santos, Vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social.

Esta publicación xa tiña un precedente en Ólisbos, dirixida pola poeta Olga Novo, e na que colaboraron Yolanda Castaño, Igor Lugrís, Chus Pato, Carlos Negro, ou o profesor Claudio Rodríguez Fer.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: