Un gol de Fernando a falta de dez minutos para o final acabou coa boa traxectoria do Deportivo neste 2007. O conxunto branquiazul deixou escapar ante o seu público unha boa ocasión para meterse na loita por Europa.
O Betis tivo máis oportunidades e incluso máis posesión ante un Dépor descoñecido. Os dous conxuntos viñan de xogar durante a semana e iso notouse no ritmo do partido. O segundo proxecto de Caparrós parece destinado a ocupar a zona tibia da táboa nunha tempada que xa se comeza a confirmar como de transición.