Xa lles temos falado aquí do proxecto Rosetta, polo que un grupo de científicos e informáticos de todo o mundo prepararon un software para preservar un milleiro de linguas das 7000 do mundo, entre as que está o galego. Pois ben, a primeira versión do software está a piques de rematarse.
Os datos foron enviados por investigadores e falantes do mundo enteiro, nunha obra aberta a todos, que se recollerá en tres soportes: na web, nun volume impreso, e nun disco de níquel de tres polgadas, onde estarán escritos todos os datos. Ese disco, que está calculado para ser lexible polo menos durante os vindeiros dous mil anos, permitirá que os homes e mulleres do futuro lean as nosas linguas coa soa axuda dun microscopio.
Na actualidade recolle o proxecto Rosetta un milleiro de linguas, se ben integra datos de ata unhas 1500, se ben a cifra medra semana a semana. De cada lingua publícanse textos teóricos (gramáticas, fonoloxías...), os sistemas de numeracións, textos contemporáneos e a traducción das primeiras frases da Biblia. Ademais, tamén se estableceu un catálogo duns 100 ou 200 significados básicos, para os que se ofrecen os significantes das distintas linguas. Estes significados baséanse, claro está, non inglés, pero garda a ferramenta un amplo espacio para rexistrar correccións e melloras.
Do galego só se recollen dúas traduccións iguais das primeiras páxinas da Xénese, pero calquera persoa con só rexistrarse pode enviar os datos (iso si, conforme os formularios e os procedementos fixados polo proxecto).
O disco físico sairá cun prezo ao redor dos 25.000 , pero nos plans do Proxecto é repartir unha certa cantidade de balde a bibliotecas e centros de investigación. O vindeiro verán próximo, o proxecto Rosetta prevé chegar a presentar datos de catro milleiros de linguas.
O proxecto Rosetta está financiado pola Fundación Long View, unha institución con sede en San Francisco que emprende proxectos a moi moi longo prazo: catálogos de especies, rexistro de linguas... De feito, a Fundación fundouse no ano 01996.