Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Carucedo e Borrenes ameazan con unirse a Galicia

Con esta iniciativa tratan de presionar á Junta de Castilla y León para que poña en marcha o Plan Director de As Médulas.

- 23:40 22/02/2001
Tags:

Clemades Rodríguez (PSOE) e Eduardo Prada (PP) vein a denunciar o estado de abandono en que se atopa o paraxe das Medulas.
Ao seu xuízo esta degradación estase a notar aínda máis dende que este paraxe foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade, fai agora tres anos.

Curiosamente, en aquela ocasión un informativo de TVE xa situara (con bastante acerto) As Médulas en Galicia, o que provocara airadas reaccións dos responsables da Junta de Castilla y León.

Non é esta a primeira vez que un alcalde da zona galego-falante do Bierzo se manifesta pola anexión a Galicia.
O alcalde de Oencia (PP) xa izou a bandeira galega no balcón da casa do concello fai unhos anos, e a alcaldesa do concello da Veiga do Valcarce (PSOE) tomou a mesma iniciativa por parecidos motivos o pasado ano. Iniciativa que foi retomada polos concelleiros da oposición para pedir a anexión efectiva a Galicia.


5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: