Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Os nominados aos Premios Chano Piñeiro son...

Os ex Premios AGAPI, agora Premios Chano Piñeiro do audiovisual galego, xa teñen listaxe de nominados. O máis sorprendente é que o producto máis nominado é a serie 'Rías Baixas', que opta a catro dos galardóns principais. Podedes comezar a facer quinielas cos gañadores deste certame que por primeira vez organizan conxuntamente as dúas asociacións do audiovisual patrio: AGAPI (Asociación Galega de Productores Independentes) e AEGA (Asociación de Empresas Audiovisuais de Galicia):

  • Mellor longametraxe: O Bosque Animado (Dygra), Lena (Portozás Visión) e Castelao. Os irmáns da liberdade (Acuarela Comunicación).
  • Mellor interpretación masculina: Manquiña (Lena), Ernesto Chao (dúas veces: por Condenado a vivir e Pratos Combinados) e Tacho González (Rías Baixas).
  • Mellor interpretación feminina: Marta Larralde (Lena), María Bouzas (por Terra de Miranda e Condenado a vivir) e Sonia Castelo (Rías Baixas).
  • Mellor director: Ángel de la Cruz e Manolo Gómez (O Bosque Animado), Chema Cagino e Jorge Coira (Terra de Miranda), Jesús Segura (Rías Baixas) e Jorge Valcárcel e Fran Piñeiro (Jalisco).
  • Mellor serie ou filme de ficción: Condenado a vivir (Continental), Mareas Vivas, Terra de Miranda (ambas as dúas de NTR, do Grupo Voz) e Rías Baixas (Zenit Multimedia).
  • Mellor producción multimedia: Bravú.net, Eis-Vigo, Navegación emocional e Trofeo-Ibisa.

- 12:36 13/03/2002
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: