Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Xesús Riveiro gaña o Plácido Castro de traducción

O premio Plácido Castro 2003 de traducción foi parar a Xesús Riveiro Costa, pola traducción que fixo de 'A busca do tempo perdido', novela do francés Marcel Proust e primeira da serie 'Pola banda de Swann'. Nunha edición moi 'decimonónica' dos premios, resultaron tamén finalistas Alexandra Koss pola traducción dos 'Contos' de Chéckov e Emma Lázare pola de 'O cura de Tours', de Balzac.

- 17:34 19/01/2003
Tags:

O xurado, integrado por Valentín Arias, Xulián Maure, Francisco Fernández Rei, Ana Luna, e Xavier Senín, en representación, respectivamente da Asociación de Traductores Galegos, Fundación Plácido Castro, Real Academia Galega, Universidade de Vigo e Xunta de Galicia, considerou que 'A busca do tempo perdido' traducida por Xesús Riveiro enriquecía o sistema literario galego coa súa variedade de rexistros, e incorporaba á lingua galega unha obra mestra da literatura universal.

O xurado subliñou tamén a calidade literaria das traduccións finalistas (Contos'de Chéckhov e Emma Lázare pola de 'O cura de Tours') e destacou especificamente a importancia de traducir ao galego obras orixinais rusas, das que nos separa unha gran distancia cultural e lingüística.

O premio está dotado con 3.000 euros e será entregado o 25 de xaneiro no concello de Cambados, coincidindo co natalicio de Plácido Castro.

O obxectivo deste premio é destacar a calidade das traduccións dos clásicos da literatura universal que a Biblioteca Virtual bivir publica periodicamente na súa web.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: