Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

As Muxicas, en televisión

As Muxicas, a segunda curtametraxe en 35 mm do ferrolán C. Alberto Alonso xa ten data de emisión para así competir no IV Concurso Iberoamericano Versión Española/SGAE. O filme, rodado en Monfero e Caaveiro en novembro de 2001 está protagonizado polos actores Fely Manzano e Tucho Lagares. O grupo ferrolán Os Cempés encargouse de poñerlle banda sonora a esta curta que se emitirá o venres na 2 de TVE.

- 11:06 23/04/2003
Tags:

As Muxicas do Ferrolán C. Alberto Alonso é unha producción catalana na que participaron numerosos galegos residentes en Barcelona. A película está protagonizada por Fely Manzano -Ptaros combinados- e Tucho Lagares -O Trasto-, contando coa colaboración especial do actor/dramaturgo Manuel Lourenzo -Mareas vivas-. A soprendente banda sonora da curta corre a cargo dos ferroláns Os Cempés.

Este venres 25 o programa Versión Española contará coa presencia no plató do director Miquel Picazo e de quen fora o seu alumno na facultade de Ciencias da Información, Alejandro Amenábar. Ámbolos dous convidados, acompañados por C. Alberto Alonso, comentarán o filme a concurso deste último: As Muxicas.

O IV Concurso de Curtametraxes Iberoamericano Versión Española/SGAE mantén, o mesmo que en anteriores convocatorias, o Premio do Público, consistente en 4.000 metros de película virxe de 35 mm cedidos por Kodak. Este recoñecemento é concedido polos espectadores do programa mediante votación telefónica no momento da emisión da curtametraxe.

O equipo de As Muxicas está a preparar na actualidade Día de Sorte. Trátase dun thriller fantástico que pretende facer unha crítica á influencia da televisión sobre o subconsciente colectivo.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: